sábado, 25 de outubro de 2014

Compromiso esixe a paralización inmediata do proceso de consolidación da oferta de emprego público

Compromiso, na defensa do interese xeral e da transparencia nas diferentes administracións públicas, ven denunciando dende hai varias semanas a oferta de emprego público do concello de Ponteareas por estar caducada e non respectar a igualdade de oportunidades.
A  oferta de emprego foi publicada no ano 2008, polo que ten cumprido o tempo máximo de tres anos para a súa execución. Agora  a finais de 2014 o goberno do PP pretende consolidar aos afectados pola sentencia dos enchufados, contratos nulos de pleno dereito,  e computarlles a antiguedade, entre outros traballadores, manifestan os galeguistas.
Compromiso por en coñecemento que, o Subdirector Xeral de relacións laborais emitiu un informe sobre este asunto onde deixa claro que este proceso non se pode levar a cabo porque contradí o Real decreto lei 20/2011 , de 30 de decembro de medidas urxentes en materia presupostaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público, polo que os procesos de consolidación de emprego publico están afectados e en consecuencia non se permiten a convocatoria de prazas.

Copia do escrito do Subdirector Xeral de relacións Laborais

Compromiso esixe o goberno do PP  a paralización inmediata do proceso, por estar caducado, por non respectar os principios de igualdade de oportunidades e por non cumprir o decreto de equilibrio presupostario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario