martes, 7 de outubro de 2014

O Valedor do Pobo admite a trámite queixa de Compromiso

O Goberno do PP pretende calar a voz de Compromiso por Galicia, empregando trapalladas, e desta maneira continuar có proceso de consolidación de postos de traballo
Compromiso por Galicia presentara escrito no rexistro municipal hai uns días no que urxía a nulidade do proceso de consolidación de postos de traballo no concello de Ponteareas, porque o proceso está caducado.

Coa intención de entorpecer a labor deste grupo político, o goberno do PP con Salvador González Solla a súa cabeza, solicitaba á representante do partido, Sandra Araúxo, que se acreditara como membro de Compromiso e como persoa implicada no proceso.

Os galeguistas puxeron en coñecemento do Valedor do Pobo , este abuso de autoridade, do goberno do PP , querendo impedir que Compromiso faga traballo político a prol dos cidadáns e de velar pola legalidade. O Valedor admite a trámite a queixa dos galeguistas ao entender que  reune os requisitos formais recollidos no artigo 18 da lei do valedor do Pobo,e que atopa, en principio cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da constitución.


O goberno pretendía calar a voz de Compromiso empregando artimañas supostamente legais, para arquivar a solicitude dos galeguistas e continuar coa consolidación dos postos de traballo, sen que haxa un proceso legal, no que todos os cidadáns podan optar a un posto de traballo público en igualdade de condicións.

Ponteareas, 7 outubro 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario