martes, 2 de decembro de 2014

O desemprego en Ponteareas sube en 139 persoas en dous meses

Redacción, 2 de decembro.  Compromiso por Galicia Ponteareas  vén de cualificar como “negativos” os datos de paro da nosa cidade feitos públicos hoxe. O que, segundo os galeguistas, “amosan destrución de emprego durante o mes de novembro”. “xa non só estamos a falar dunha subida de 139 persoas a respecto do mes anterior, senón que estamos vendo que non existe un cambio de tendencia como parece dicir Feijóo e o PP. Nin o goberno da Xunta, nin tampouco o goberno local do PP e Solla, fan algo para melloralo”. 

Compromiso entende que “logo dun ano da austeridade de Feijóo e de reformas laborais, estamos vendo como esta política só crea traballos temporais e precarios, e destrúe o resto”.  Os galeguistas creen que “se pon en evidencia a desastrosa xestión do goberno Feijóo diante do principal problema que teñen os galegos, e tamén para os Ponteareas”, xa que dende que Alberto Núñez Feijóo goberna uns 50.000 galegos e galegas pasaron a estar rexistrados nas listas do paro, e “os datos en Ponteareas non son moito máis alentadores”. 
Compromiso por Galicia aposta en Ponteareas por unhas políticas activas de emprego centradas “nas axudas ao pequeno comercio, que a día de hoxe está afogado e sen ningún tipo de axudas por parte do Concello e pola aprobación do PXOM, para dotar a vila de solo industrial”.

DATOS DESEMPREGO EN PONTEAREAS. NÚMEROS ABSOLUTOS

Setembro 2014; 2809

Outubro 2014: 2935

Novembro 2014: 2948

Ningún comentario:

Publicar un comentario